martes, 27 de junio de 2023

Enquisas de Avaliación

Rematamos a avaliación da proposta cunhas enquisas para as aulas e para o profesorado. Os resultados acadados foron excelentes. Nas aulas todo o alumnado valorou positivamente o achegamento ás nosas Mulleres Imprescindibles.


 


O profesorado participante tamén se amosou moi satisfeito.




Última actividade de Donas de Si

A última actividade que desenvolvemos este curso a través do Programa, foi a presentación de Coralia e Maruxa Fandiño Ricart á Aula de Maiores da Biblioteca Ánxel Casal. Esta presentación fíxoa o alumnado de 4º de Educación Infantil, cuxas aulas levan os seus nomes. Ademais recitaron xuntas e xuntos diferentes textos poéticos de tradición oral, de Rosalía de Castro e de Helena Villar.

 



Formación

 

Coa achega económica pola participación no Plan Proxecta +, decidimos desenvolver un obradoiro: Educando en igualdade. Elas tamén crean o mundo, impartido por Feitoría Verde. Esta proposta terá ademais continuidade ao empezar o curso xa que no noso Plan de Convivencia, constatouse que o o 70,8% do persoal docente “considera que necesita máis formación en convivencia, educación emocional e en igualdade”.

 


lunes, 19 de junio de 2023

A xogar!

Ademais de poder poñer a proba os nosos coñecementos sobre as Mulleres Imprescincibles cos cuestionarios; tamén podemos divertirnos xogando coa baralla de cartas ou coas fichas do xogo de memoria! Estes materiais foron elaborado a partir do que descubrimos e aprendemos sobre as nosas grandes mulleres.

Preme nos xogos para poder acceder á versión impresa:









domingo, 18 de junio de 2023

Para afondar un pouco máis

Dentro da proposta de actividades, e tamén a modo de avaliación, formulamos uns retos e unhas cuestións para que o alumnado puidese afondar un pouquiño sobre algúns aspectos relacionados con estas Mulleres Imprescindibles da vida de Compostela.

Para poder descubrir as cuestións que propoñemos, premede nas imaxes:









Cuestionario Donas de Si

Presentamos o cuestionario que elaboramos para comprobar que tiñamos adquiridos uns coñecementos básicos sobre as nosas Mulleres Imprescindibles.

Para completalo, só hai que premer na imaxe e responder!



Bravxs de Compostela

Inspirámonos no traballo da Universidade de Vigo, Bravxs:ilustracións de mulleres científicas, investigadoras e inventoras, onde, a través de carautas ilustradas, se lles dá visibilidade a mulleres do mundo da ciencia poñendo en valor as súas achegas e descubrimentos. Nós tamén quixemos ter ás nosas Bravxs de Compostela! Que, por suposto, veñen sendo as nosas Mulleres Imprescindibles da vida de Compostela!

Podes ver as imaxes que ocupan os corredores do noso centro e descubrir as súas biografías premendo en cada imaxe:

 


                    Encarna Otero                                    Helena Villar



                       Margarita Ledo                                Maruxa e Coralia


   


                 Ramona Vaamonde                               Verónica Boquete


 












domingo, 11 de junio de 2023

Infografía de Verónica Boquete Giadáns

Verónica Boquete Giadáns é unha grande deportista compostelá, referente do fútbol internacional, que xogou nas mellores ligas do planeta. 

É a embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino pero, sobre todo, Vero Boquete, declárase feminista, que loitou e loita para que as mulleres sexan recoñecidas de igual maneira que os homes neste e noutros deportes.

Podes ver a infografía sobre Verónica Boquete e consultar a información que contén:



Infografía de Margarita Ledo

Margarita Ledo Andión é outra das Mulleres imprescindibles na vida de Compostela

Visitounos no mes de marzo, onde no mes por excelencia da Muller, esta santiaguesa de adopción compartiu a súa paixón polo cinema co alumnado de 6º de Primaria.

Esta pioneira das artes audiovisuais, concibe o seu traballo como un medio expresivo para a transmisión de emocións; pero sobre todo, como un medio de reividicación da loita das mulleres, da loita pola lingua, da loita contra a opresión...

 


 Aquí podes ver a infografía sobre Margarita Ledo e acceder á información que contén:



Infografía de Ramona Vaamonde

Ramona Vaamonde Fernández, unha das grandes investigadoras galegas, naceu en Compostela e estudou e impartiu docencia na Universidade de Santiago.

Entre os seus grandes logros está o detectar prontamente a presenza do virus do cólera,  evitando desa maneira unha epidemia.

Preme na imaxe para poder ver a infografía:


 

Enquisas de Avaliación

Rematamos a avaliación da proposta cunhas enquisas para as aulas e para o profesorado. Os resultados acadados foron excelentes. Nas aulas to...