Helena Villar Janeiro é unha artista moi completa que, aínda que destaca no seu traballo poético, tamén o fai como narradora, ensaísta, fotógrafa, tradutora, colaboradora de xornais, blogueira, estudosa da música...
É unha escritora infantil imprescindible, cunha ampla produción, moi recoñecida e premiada que pon e puxo en valor a lingua galega como vehículo de transmisión e reivindicación, que impulsa valores como a diversidade, a sabedoría das persoas maiores, a música, a tradición cultural propia ou a ecoloxía.
Por todo isto e porque foi docente durante moitos anos no noso centro, a biblioteca do López Ferreiro leva o seu nome e, arredor da súa figura, desenvolvemos propostas cada curso.
Encarna Otero Cepeda é unha das persoas máis queridas de Compostela. Esta historiadora, dedicou e dedica a súa vida á docencia, á política e ás causas sociais.
A súa conciencia de servizo público fai que poña en valor e comparta, nas múltiples actividades nas que participa, os seus coñecementos sobre os espazos e as xentes da cidade.
Dende hai xa uns anos, participa en distintas actividades que se desenvolven no noso centro e xa hai un aula que leva o seu nome!
Muller
de grande vitalidade e ilusión, sinala que “gardo no meu corazón
a nena que fun
para vivir con esperanza e soños”
Helena e Encarna, como feministas que son, reivindican a igualdade de dereitos entre mulleres e homes sempre que teñen ocasión.
Podedes ver as infografías dedicadas a Helena e Encarna premendo en cadansúa imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario