domingo, 11 de junio de 2023

Elaboración de novos materiais: Infografía de Rosalía de Castro

 

No noso centro xa se viñan desenvolvendo, nos últimos anos, variadas iniciativas de concienciación en coeducación: compartindo o material das maletas para a igualdade que oferta a Secretaría Xeral de Igualdade, analizando a publicidade sexista, elaborando catálogos de xoguetes non sexistas (“Os agasallos que queremos” http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32832), realizando campañas de non violencia contra as mulleres (https://youtu.be/LSEfdI28XTM), nomeando as aulas e espazos do centro con nomes de mulleres (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/node/468), participando en programas de formación en coeducación emocional e afectivo sexual, en igualdade, en convivencia...

Pensamos que unha das cousas que nos quedaban por facer era elaborar materiais que achegaran mulleres significativas da vida da nosa cidade ao noso alumnado.

E non podiamos empezar por outra que non fora Rosalía de Castro!


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisas de Avaliación

Rematamos a avaliación da proposta cunhas enquisas para as aulas e para o profesorado. Os resultados acadados foron excelentes. Nas aulas to...