Durante o mes de marzo, para desenvolver a proposta do Plan Proxecta +, a través do Programa Donas de Si visitáronnos mulleres imprescindibles na vida de Compostela e mulleres imprescindibles tamén que nos achegaron a algunha outra grande figura feminina da historia.
Achegáronse ao noso centro no mes de marzo: Encarna Otero Cepeda e Helena Villar Janeiro, que xa forman parte da nosa comunidade porque colaboran con nós en diferentes proxectos.
Margarita Ledo Andión, que nos achegou á escrita de ficción e ao cine, dous ámbitos moi atractivos e aínda bastante descoñecidos para o alumnado.
Marisa Vidal Collazo, docente, escritora, teóloga e feminista, que nos achegou á figura de Exeria ao presentarnos a súa obra: Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV.
Nin Exeria nin Marisa, formaron parte da nosa proposta inicial pero si da ampliación do noso traballo de coñecemento de mulleres significativas. De feito, Exeria é o nome dunha das aulas que este ano se nomeou como continuación dun traballo iniciado o curso pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario