domingo, 11 de junio de 2023

Presentación

 

Este curso 2022/2023,  solicitamos participar no Plan Proxecta +, a través o Programa Donas de Si. Esta iniciativa, coordinada dende o EDLG, foi seleccionada e nela forma parte todo o profesorado das titorías de Infantil, do 1º e do 3º ciclo de Primaria e docentes especialistas.

A nosa proposta leva por título: MULLERES IMPRESCINDIBLES NA VIDA DE COMPOSTELA: Rosalía de Castro, Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, Ramona Vaamonde Fernández, Helena Villar Janeiro, Encarna Otero Cepeda, Margarita Ledo Andión e Verónica Boquete Giadáns.

Con ela queremos achegarnos ao coñecemento e divulgación da figura e o labor de figuras femininas relevantes na historia de Compostela, como unha maneira máis de romper coa invisibilidade das mulleres.

A finalidade é promover que o alumnado medre en igualdade, prevendo estereotipos, invisibilizacións e violencias. Desenvolver, como sinala a norma: “actitudes contrarias á violencia, aos prexuízos e aos estereotipos sexistas”.

Temos presentes os ODS da Axenda 2030, e esta iniciativa parécenos moi acaída para o fomento da igualdade e do pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación.

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Enquisas de Avaliación

Rematamos a avaliación da proposta cunhas enquisas para as aulas e para o profesorado. Os resultados acadados foron excelentes. Nas aulas to...